IniciosociedadeRibadeo reivindícase en Fairway como saída do Camiño norte e Mondoñedo como...

Ribadeo reivindícase en Fairway como saída do Camiño norte e Mondoñedo como final de etapa

O Concello de Trabada tamén promocionou o municipio no foro da peregrinaxe a Compostela

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de turismo de Ribadeo, a nacionalista Ana Martínez, asistiu en Compostela á terceira edición do Fairway Fórum do Camiño de Santiago. O obxectivo da concellería ribadense é potenciar este recurso turístico durante a maior parte do ano.

Martínez lembra que Ribadeo é a porta de entrada do Camiño Norte a Galicia e o punto de partida elixido por moitos peregrinos para iniciar o seu percorrido.

Eses 190 quilómetros que nos distancian de Compostela son un percorrido importante para o peregrino e aí entendemos que Ribadeo é un lugar xa non soamente de tránsito senón de inicio para moita xente”, indica.

Martínez asegura que “estamos aquí para recoller diversas experiencias, opinións e ver cousas que se poidan estar facendo noutros lugares trasladables ao noso concello”.

No tocante “aos recursos que se poden presentar ao viaxeiro”, a edil precisa “que non soamente o que é a entrada, esa ría que lle abría a porta de Galicia ao peregrino a través das barquerías, senón tamén todo o tránsito polo interior do concello. Na Ponte de Arante o peregrino pode vivir unha experiencia nesa capela, con esas pinturas magníficas”, resalta.

A concelleira sostén que “na tempada estival Ribadeo normalmente xa está cuberto turisticamente, pero temos a posibilidade de atraer peregrinos probablemente desde os meses de marzo a outubro, un período de grande afluencia que debemos saber aproveitar”.

XORNADAS DE INFORMACIÓN

Martínez anunciou ademais que “durante este inverno intentaremos facer diversas xornadas de información aos hostaleiros, aos empresarios e aos emprendedores ou emprendedoras que queiran iniciar unha parte profesional vinculada ao Camiño e a Ribadeo”.

Posto de Mondoñedo. AXM

ENCONTROS

Pola súa banda, a alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, promocionou no encontro a cidade episcopal como final de etapa do Camiño norte.

A rexedora mantivo encontros con axencias, touroperadores e outros actores do sector turístico.

RUTA EN CRECEMENTO

O Concello de Trabada tamén estivo presente no foro para posicionarse no Camiño norte, a terceira ruta máis elixida polos peregrinos, tralo Camiño Francés e o Portugués.

En dez anos, o Camiño norte triplicou o número de peregrinos, sendo escollido no 208 por case 20.000 persoas, segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino do Arzobispado de Santiago.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...